jueves, 18 de febrero de 2010

Writing in the rain


Hai veces en que a lei de Murphy é implacable.
Coido que xa vos contei que a primeira vez que vin pasar o "inverno" mexicano vin ben pertrechada de roupa de abrigo, ¿non?. Ben, daquela tivera que mercar camisetas de manga curta e crema solar para poder sobrevivir aos 25 ºC de media que había por estas terras. E por suposto, o abrigo de lá, nin tocalo.

Pois ben, desta volta, que vin tan hipertropical que só me faltou meter na maleta a guayabera e o salacot... zas, tocoume tempo galaico. Dende que cheguei levamos así como tres diluvios universais, e leva chovendo toooda a semana. E claro, se combinamos as costas que hai pola miña zona ca inexistente recollida de augas pluviais, ás veces cruzar as rúas que baixan do cerro é como cruzar o Amazonas. Non hai botas que valgan. Bon, ao mellor sí, desas de pescar que chegan ata o sobaco, perdón, axila. Pero mellor unha piragua, sen dúbida. Cando o primeiro diluvio, que me pillou na rúa facendo trámites varios, tiven que meter as miñas botas no forno para telas medio secas ao día seguinte, con iso vos digo todo. Consólame pensar que os mexicanos están tan desconcertados coma min. Xiana, unha das miñas compañeiras do piso de abaixo, é de Acapulco e contoume que alí choveu en xaneiro por primeira vez en vinte anos, ou algo así.

Os atentos seguidores deste blog estarán pensando nestes momentos: "¿Cómo que Xiana? ¿Pero non era Alondra?".
Era, meus, era, que me cambiei de piso.
Agora vivo na segunda planta dunha casa na que comparto cociña con catro estudiantes da Universidade de Lasalle: Alejandra, Ana Laura, Fanny e Frida. Non falamos moito, sobre todo porque os horarios non coinciden: elas entran en clase ás oito e volven como ás tres. Parecían boas rapazas, pero hoxe as descubrín escoitando a Héroes del Silencio e creo que (horreur!) a Mónica Naranjo. Inconsciencia xuvenil; non saben que iso logo deixa secuelas irreversibles no cerebro...
Do piso de abaixo só coñezo a Carolina, Xiana e Riyel. Xiana contoume que a súa nai sacou o nome dun libro (teño que preguntarlle cal) e supoño que a de Riyel o sacaría de aquí, pero vai ti saber.
Polo de agora estou cómoda e contenta: sigo perto do CIO, a miña ventá dá a un parque e a tendiña de Don Pancho, que surte ao barrio de todo o imaxinable, está a dous pasos, o que significa que xa non teño que ir ao mercado do centro para conseguir papayas, mangos ou guayabas, ¡slurp!

Bon, rapaces, acabáronseme os folgos e debo rematar este arrebato escribidor que me deu cando volvía do CIO. Estamos en contacto.

Foto: http://es.wiktionary.org/wiki/katiuska

5 comentarios:

  1. Cris, cada vez estou máis convencido de que teu non e a física nin o laser, o teu son as mudanzas.No fondo da túa alma hai unha transportista devecendo por sair á luz, por arramblar con caixas e cousas e moverse, moverse sempre. Confio en que dirixas os teus esforzos e traballos a que a ciencia e o transporte se conxuguen a perfección e inventes dunha vez o que a humanidade necesita : ¡teletransportación, xa!
    Unha aperta.
    Bruno

    ResponderEliminar
  2. Crisy, debes de echar mogooooollón de menos aquella costumbre nuestra de cambiar de piso anualmente, no?
    Por cierto, qué hay de esos comentarios que ibamos a tener de Perdidos? Lo dan en la tele mexicana? Has visto los capitulos nuevos? Somos nosotros los únicos que creemos que dan asco...?
    MARYS

    ResponderEliminar
  3. Boas, cativa. Sempre é agradable ler sobre as cousas que acontecen por eses mundos tan afastados dos nosos. Alédame saber que de cando en vez tes ánimos para contarnos aos que estamos lonxe as túas andanzas (aventuras e desventuras, aínda que seguro que máis das primeiras... jeje). Sinto que sigas a padecer a "maldición das mudanzas", pero bueno, espero que o levases coa sorna galega coa que hai que tomalo. Seguiremos todos atentos ás túas crónicas. Esperámolas de veras.
    Unha apertiña.
    Gonzalo

    ResponderEliminar
  4. Guanajuataaaaaaaaaaaaaaaaaaa
    ¿Sigues viva?
    Queremos nuevo relato
    Pronto
    Ya!
    Muacks ghordos :)

    ResponderEliminar
  5. ah, por cierto, soy Olalla, jejejeje ;)

    ResponderEliminar