martes, 1 de junio de 2010

Summertime


Estou a caer de sono, pero tiña que escribir porque xa me estaba dando reparo o de ter aínda como última entrada "Writing in the rain", cando o certo é que estamos no punto álxido das calores primaverais, a media de temperatura no meu despacho é de 30 ºC, as únicas pingas que vexo últimamente son de sudor e na miña casa xa recibimos a visita do primeiro alacrán da temporada.
Como sabe calquera que teña visto "Marcelino, pan y vino", a un alacrán, sobre todo, non hai que pisalo. O que non sabía eu é que, ademáis de botarlle insecticida, logo hai que queimar ao bicho en cuestión para matar os ovos que poida levar pegados ao lombo. Mirá vos. Nunca te acostarás etc., aínda que ben mirado parece el Emmental, querido Watson. Como medida preventiva adicional, eu vou empezar a sacudir as miñas babuchas antes de calzalas pola mañá, cual trasunto de Roald Dahl en África Oriental.

O caso é que vos escribo para dicirvos que ahorita non teño moito tempo de escribir, entendendo "ahorita" no sentido mexicano do termo, ou sexa, "intervalo de tempo indeterminado que pode ir de poucos minutos a varios meses". Además, como apenas viaxei, tampouco teño moitas aventuras que contar. Sen embargo, mentras esperades que perpetre outra entrada, podedes sustituirme por este outro divertido blog, ao que cheguei de casualidade, e que narra as peripecias dunha anestesista. Ao mellor xa o coñecedes, porque parece ser que a rapaza esta xa é famosa e ata saíu na portada de "El País Semanal". Eu non a coñecía de nada, pero gañou a miña admiración eterna cando lin un post no que falaba da comida de comedor de hospital, e vin como describía eses bistecs que tan ben coñecemos os que temos o...mmm ... gozo de comer no comedor de Industriais:
- O bistec-espía: frío, duro e con nervios de aceiro.
Glorioso.

Foto con Copyright de minds-eye http://www.flickr.com/photos/36703550@N00/
Distribuida baixo unha licencia de Creative Commons CC BY-SA 2.0 http://creativecommons.org/licenses/by/2.0/deed.es_MX

2 comentarios:

  1. Xa estou posto ó día. Ler o teu blog ademais de divertido é moi útil. Tiña que facer un regalo a un sobriño e non sabía o qué, pero aquí estaba a resposta: o libro de Roald Dahl!!

    Unha aperta, Oscar

    ResponderEliminar